Tratamentos
Coidamos de persoas, non só de lesións
Comprender a túa historia é o primeiro paso para axudarte a mellorar.
Na nosa clínica entendemos a saúde desde unha visión global. Sabemos que a dor ou unha lesión non dependen unicamente de músculos ou articulacións, senón que tamén poden verse influídos polo sistema nervioso, o descanso, o estrés, a alimentación, a actividade física e outros hábitos de vida.
Por iso, a primeira sesión constitúe unha parte fundamental do tratamento. Comeza cunha entrevista clínica e unha valoración completa e individualizada que nos permite comprender a túa situación en profundidade, identificar os factores que poden estar influíndo nela e deseñar un tratamento adaptado ás túas necesidades.
Cremos nun razoamento clínico baseado na mellor evidencia científica dispoñible e nuna sólida experiencia clínica, desenvolvida tanto a nivel nacional como internacional. Antes de aplicar calquera técnica, detémonos a escoitar, valorar e comprender á persoa que temos diante. Só así podemos deseñar un tratamento adaptado ás súas necesidades, seguro e realmente útil. Porque, para nós, o noso enfoque non consiste só en tratar, senón en saber cando facelo, como facelo e por que facelo.
O noso obxectivo non é unicamente aliviar a dor. Queremos axudarte a recuperar o teu benestar, que volvas confiar no teu corpo e darche as ferramentas necesarias para que os resultados se manteñan no tempo.
Por iso, o noso tratamento combina, cando é necesario, educación en saúde, terapia manual, exercicio terapéutico, readaptación funcional e cambios nos hábitos de vida.
Dispoñemos de salas de tratamento individuais e dun espazo dedicado ao exercicio terapéutico e á readaptación funcional, onde te acompañamos durante as fases máis activas da recuperación. Todo iso nun contorno tranquilo e coidado, pensado para que te sintas cómodo, escoitado e acompañado desde o primeiro día.
Fisioterapia, osteopatía e valoración avanzada ao servizo da túa saúde
O noso abordaxe está baseado no razoamento clínico, integrando distintas ferramentas clínicas que nos permiten valorar cada caso desde unha perspectiva global, comprendendo como interactúan os diferentes sistemas do organismo e como poden influír no teu benestar.
Fisioterapia
A fisioterapia constitúe a base do noso abordaxe terapéutico. Permítenos valorar, tratar e acompañar procesos relacionados coa dor, a lesión, a mobilidade e a función.
Traballamos en diferentes áreas como:
- fisioterapia musculoesquelética
- fisioterapia neurolóxica
- fisioterapia xeriátrica
- tratamento da articulación temporomandibular (ATM)
- prevención de caídas e mellora funcional
- recuperación e readaptación tras lesión
Integramos diferentes estratexias terapéuticas adaptadas a cada persoa, como:
- exercicio terapéutico: pilates terapéutico, traballo de control motor…
- terapia manual
- manipulacións articulares
- liberación miofascial
- neurodinámica
- drenaxe linfática manual
- técnicas invasivas como: punción seca, electropunción
Osteopatía
A osteopatía achega unha visión global baseada na relación entre estrutura, distintos sistemas, función e capacidade de adaptación do organismo.
Integramos distintas áreas osteopáticas como:
- osteopatía estrutural
- osteopatía craneosacra e ATM
- osteopatía visceral
Estas ferramentas axúdannos a identificar restricións, compensacións ou alteracións funcionais que poden estar influíndo en distintos procesos.
Variabilidade da Frecuencia Cardíaca (VFC)
A variabilidade da frecuencia cardíaca é un indicador obxectivo que nos permite coñecer e medir como está respondendo o teu sistema nervioso autónomo ante as demandas físicas e emocionais do día a día.
A súa análise é unha ferramenta amplamente utilizada na investigación científica e no ámbito clínico para valorar a regulación autonómica, sendo considerada unha medida de referencia (gold standard) para o estudo do equilibrio entre as ramas simpática e parasimpática do sistema nervioso autónomo en determinados contextos.
Esta valoración complementa a exploración clínica e permítenos comprender mellor como está funcionando o teu organismo máis alá do síntoma.
A súa análise achéganos información obxectiva sobre a capacidade de regulación, adaptación e recuperación do teu organismo.
A evidencia científica dispoñible amosa que unha VFC adecuada soe asociarse a unha mellor capacidade de recuperación e adaptación ao estrés, mentres que valores reducidos poden relacionarse con estados de sobrecarga fisiolóxica, fatiga, alteracións do descanso, estrés mantido ou dor persistente.
En persoas con dor crónica, diferentes estudos observaron alteracións nesta regulación autonómica, un factor que pode influír tanto na persistencia dos síntomas como na capacidade de recuperación.
¿Por que a valoramos en consulta?
A medición da VFC incorpórase cando as características e necesidades de cada paciente o requiren, como unha ferramenta complementaria dentro da valoración global. Axúdanos a obter información relevante sobre:
- Nivel de estrés fisiolóxico
- Capacidade de recuperación
- Adaptación á carga física
- Resposta ao tratamento
- Evolución do proceso terapéutico
¿Como nos axuda no teu tratamento?
A información obtida permítenos adaptar a intervención de forma máis precisa, axustando o tratamento ao estado real de regulación e recuperación do teu corpo.
Isto oriéntanos á hora de decidir cando priorizar:
- Terapia manual
- Exercicio terapéutico
- Estratexias respiratorias
- Regulación do sistema nervioso
- Progresión de cargas
A VFC non substitúe unha valoración clínica completa, pero achega unha ferramenta obxectiva, respaldada por unha ampla base de evidencia científica, que nos axuda a personalizar mellor o tratamento e optimizar a túa recuperación.
Non só valoramos onde dóe, senón como está respondendo o teu organismo para axudarte a te recuperar de forma máis eficaz e duradeira.